A cultura lusaciana foi unha cultura arqueolóxica centroeuropea pertencente á Idade de Bronce tardía e principios da Idade de Ferro (1 300 a.C.-500 a.C.) que se estendeu polo leste de Alemaña, a maior parte de Polonia e partes da República Checa, Eslovaquia e Ucraína. Abarca os períodos III (Cultura lusaciana temperá) ao V da cronoloxía norteeuropea.
Foi herdeira da cultura Trzciniec, e tiña algunhas influencias da cultura dos túmulos da idade de bronce. É contemporánea da cultura dos Campos de Urnas e da idade de bronce nórdica. No leste, sucedeuna a cultura Billendorf (Nowogród Bobrzański) a principios da Idade de Ferro. En Polonia permanece durante parte da Idade de Ferro, sucedédoa a cultura pomerana no norte, ao redor da desembocadurá do río Vístula.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search